A partir das 19:30 comeza a 20º edición do Festival Algazara

O goberno de Ponteareas quixo recibir hoxe no salón de plenos do Concello aos membros da Agrupación Folklórica de Cuéllar, Segovia, que actuarán hoxe no auditorio municipal a partir das 19:30 horas.

A entrada é de balde, o grupo anfitrión, a Agrupación Folklórica Algazara, abrirá esta nova edición dun festival que leva máis de vinte anos rendindo homenaxe ao folclore tradicional.