Oportunidade única para desfrutar dos mellores músicos do mundo co Festival Groba

Este sábado día 17 arranca a sétima edición no auditorio municipal

As estreas do Mestre Groba nesta edición serán a Sinfonía nº 6 e Soatiña para piano e orquestra

O concello de Ponteareas a través da concellería de Cultura convida a toda a cidadanía a desfrutar da VII edición do Festival Groba que arranca este sábado día 17 ás 21 horas co concerto inaugural da Orquestra de Cámara Galega no auditorio municipal Reveriano Soutullo.

Nesta noite inaugural pasarán tamén polo escenario do auditorio a violinista Miranda Liu, a soprano Laura del Río e a pianista Gema Arias. Rogelio Groba Otero, fillo do célebre compositor e músico, volverá dirixir as pezas coas que dará a benvida esta sétima edición.

Ata o venres día 23 o público gozará das actuacións dos mellores músicos do músico totalmente de balde.

O Festival Groba continúa a ser o único festival en España adicado a un compositor que permite disfrutar da música dun dos mellores e máis prolíficos compositores do século XX español, que forma parte da xeración do 51, e que ademáis segue contando coa sua enorme capacidade creativa e podemos, edición tras edición, escoitar e vivir obras especialmente compostas para o Festival Groba. Isto é un elemento claramente diferenciador con outros festiváis que se celebran na actualidade.

Como en cada edición teremos a ocasión de compartir escenario con grandes intérpretes cunha longa e moi importante traxectoria internacional así como con outros que inician unha máis que prometedora carreira na escena musical.

As estreas do Mestre Groba nesta edición serán a Sinfonía nº 6 e Soatiña para piano e orquestra.Na presente VII edición do Festival Groba retomaremos a voz coa soprano catalana Laura del Río e serán protagonistas obras compostas para piano da man da americana Claire Huangci, a italiana Elisa DA’Auria. O son do violín virá de Alemania con Koh Gabriel Kameda e dos EEUU con Miranda Liu, mentres que desde Corea do Sul virá co seu cello Hee Young Lim e a viola desde Alemania con Alba González Becerra.

Ademáis, dos intérpretes galegos que nos acompañan desde pasadas edicións como Pablo Vidal (violín), Javier Vázquez Grela (piano), este ano, no Programa de Xóvenes Intérpretes Galegos apoiado pola Fundación Groba, escoitaremos ao Dúo Esjedón e un concerto sorpresa para conmemorar un día especial, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas.

Amáis das obras do mestre Groba formarán parte dos repertorios dos concertos de cada noite moitos outros compositores como Tartini, Lizt, Grieg, Grieg, Schubert, Cesar Franck, Dvorak e Haydn. En canto a academia, este ano estará adicado as masterclasses e talleres de cello, violín e viola. Como novidade, impartirase un taller de interpretación de ópera e zarzuela.

Este ano, igual que nas pasadas edicións, realizarase un concerto na Residencia de Maiores de Santa Ana, para achegar a música clásica e o espíritu do festival á persoas maiores con dificultades de movilidade.

Na VII edición do Festival Groba, os nosos obxetivos seguen sendo a divulgación da música do compositor Rogelio Groba; o fomento do estudo da música clásica e establecer as canles que faciliten a aprendizaxe con mestres internacionais que complementen a súa formación e, desde Ponteareas, continuar mantendo o nome de Galicia como punto de referencia da música de cámara desde o máis alto nivel internacional.

Dende a Fundación Groba agradecen a colaboración da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia e do Concello de Ponteareas, que apoiaron desde a primeira edición no ano 2013, á Deputación de Pontevedra que un ano máis segue apostando polo proxecto así como a Fundación Sgae polo seu apoio neste ano e a Fundación Barrié, coa que manteñen unha estreita colaboración durante todo o ano.