Obradoiro “Liderado para o éxito”, este mércores en Ponteareas

Cartel liderado para o éxitoA concellería de Xuventude do Concello de Ponteareas, dirixida por Andrés Sampedro, participa na organización do obradoiro: “Liderado para o éxito”. Este é un taller de reolución de conflitos e comunicación. Trátase, polo tanto, dun obradoiro de crecemento persoal; analizanse tamén as situación que levan ao conflito, as metas e os medios parra lograr o éxito.
Nesta xornada trataranse diversos aspectos como a motivación, estratexias de aprendizaxe, proactividade, establecer prioridades, técnicas de escoita e comunicación e traballo en equipo.
O curso levaráse a cabo o día 24 de setembro, a partir das 17:00 h. ata ás 19:00 h.
na OMIX de Ponteareas, situada nas dependencias da Biblioteca Municipal.
Este obradoiro “liderado para o éxito”é totalmente gratuíto como habitualmente acontece coas iniciativas que se desenvolven dende a OMIX de Ponteareas, e os interesados poden dirixirse a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ponteareas situada na Biblioteca Municipal da rúa A Perillana ou chamar ao teléfono 672 105 468