Obradoiro de mantelas na biblioteca pública municipal

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, informa do comezo do obradoiro de mantelos o vindeiro día 22 de xaneiro na biblioteca pública municipal.

O curso impartirase os mércores 22 e 29 de xaneiro e o 5 e 12 de febreiro en dúas quendas, en horario de 16 a 18:15h e en horario de 18:30 a 21 horas.

As e os interesados deberán anotarse no rexistro xeral do concello de Ponteareas a partir do día 10 que se abre o prazo de inscrición e poderán obter máis información no número de teléfono 986 661 674 ou remitíndose ao enderezo electrónico departamentocultura@ponteareas.es

Esta actividade forma parte dos obxectivos da concellería de Cultura para por en valor as nosas tradicións e promover a difusión e o coñecemento de técnicas e actividades relacionadas co noso folclore.