Obradoiro de arte floral con camelias na Biblioteca Municipal

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza a participar no obradoiro de arte floral con camelias que se organiza con motivo da exposición da Camelia que terá lugar os días 31 de marzo, sábado, e o domingo 1 de abril de 11 a 20 horas na casa do concello. 

A inscrición para as 25 prazas do obradoiro floral estará aberto ata o martes 20 de marzo podendo os interesados dirixirse ao departamento de cultura do concello de Ponteareas.

O obradoiro terá lugar na biblioteca municipal ás 19:00horas do vindeiro día 23 de marzo e será de balde.

Ademais, a concellería de Cultura, que dirixe a nacionalista Hortensia Bautista, convida a todos os comerciantes a que decoren os seus escarapates con camelias e motivos florais.