O Xinzo Rock ofrecerá un tributo a Nirvana e punk rock

A concellería de Cultura, que dirixe en funcións Hortensia Bautista, convida a toda a cidadanía a vibrar coa música no Xinzo Rock este sábado día 1 de xuño.

A partir das 22 horas o centro cultural de Xinzo, responsable da organización, será o escenario dos concertos que ofrecerán os grupos School e os portugueses Doutor Asserio.

School realizará un tributo a Nirvana mentres Doutor Asserio saca a bandeira do punk rock para encher de moito ritmo esta noite do 1 de xuño.