O Voluntariado Municipal convida a sumarse á limpeza simultánea de praias galegas

O voluntariado municipal participará este sábado día 17 na limpeza simultánea de praias galegas que coordina ADEGA (Asociación Para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Nesta ocasión actuarase na praia de Samil ás 17 horas, aínda que o punto de encontro en Ponteareas será a estación de autobuses ás 16:30 horas, dende onde partirán as e os voluntarios.

 

A Oficina Municipal de Voluntariado, dependente da Concellaría de Mocidade e Voluntariado que dirixe Miguel Bouzó, informa que é preciso inscribirse a través de whatsapp no número de teléfono 687 764 516 ou no enderezo electrónico voluntariado@ponteareas.gal. Tamén aconsella levar botas e luvas, preferiblemente de xardinaría.

 

No marco do programa de voluntariado ambiental xuvenil, Ponteareas amosará o seu lado solidario e comprometido na protección e coidado do planeta, sumando os seus esforzos para acadar de xeito colectivo unha maior concienciación.