O vindeiro 27 de xuño tes un ‘Extra!’ en Ponteareas co programa ‘Ler Conta Moito’

 

Contacontos para nenos e nenas de 5 a 10 anos na biblioteca municipal ás 11.30 h

 

O vindeiro 27 de xuño tes un ‘Extra!’ en Ponteareas co programa ‘Ler Conta Moito’A biblioteca municipal de Ponteareas acolle a vindeira semana unha nova actividade coa que fomentar a lectura entre os máis pequenos e pequenas dun xeito lúdico e atractivo. Ao abeiro do programa ‘Ler Conta Moito’ da Xunta de Galicia, o luns 27 de xuño ás 11.30 horas Paco Nogueira chegará á biblioteca co seu espectáculo ‘Extra!’, un contacontos para nenas e nenos de 5 a 10 anos no que se convida ao público a conectar co mundo e transformar a realidade en canción.

 

Co seu espectáculo, Paco Nogueira fai que cantar e bailar noticias sexa posíbel e divertido, sobre todo en compañía. Na súa maleta caben melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que convidan ao público a participar con alegría, diversión, imaxinación e información.

 

Coas actividades do programa ‘Ler Conta Moito’ “búscase promover entre o público dende ben novos e novas non só a lectura, senón tamén a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística”, salienta Fernando Groba, concelleiro de Cultura.

 

As persoas interesadas poden inscribir xa a nenos e nenas a través do correo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou chamando ao teléfono 986 660 765.