O Goberno informará sobre o PXOM aos colectivos veciñais

REUNIÓN COS COLECTIVOS VECIÑAIS SOBRE O PXOM

29 de novembro ás 19:00 h.


AUDITORIO MUNICIPAL

 

O goberno de Ponteareas convídao a asistir á reunión informativa sobre o Plan Urbanístico que terá lugar no auditorio municipal o xoves día 29 ás 19 horas.

Na reunión detallaranse os cambios impostos pola Xunta de Galicia sobre o documento aprobado provisionalmente polo Concello, a situación técnica e xurídica do planeamento de Ponteareas como consecución de ter o planeamento suspendido dende 2002 e as saídas legais a esta situación na que a Xunta de Galicia ten as competencias e a última palabra.

Contaremos coa participación do arquitecto responsable do Plan así como da arquitecta municipal.