O GDR Condado Paradanta avanza no proceso participativo para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local

O GDR Condado Paradanta avanza no proceso participativo para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local

Faino coa posta en marcha dunha enquisa aberta á cidadanía

O GDR Condado-Paradanta continúa co proceso para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP) coa elaboración  dunha enquisa aberta á cidadanía e a realización de obradoiros sectoriais. A preparación da Estratexia é fundamental para definir, entre outras cuestións, o tipo de proxectos que se financiarán no período 2023 – 2027.

O procedemento da EDLP segue a metodoloxía Leader, que consiste en implicar aos axentes locais no deseño e a execución de estratexias, toma de decisións e asignación de recursos para o desenvolvemento das zonas rurais. Tal e como explica o presidente do GDR Condado Paradanta, Juan Pablo Castillo, “o procedemento é de abaixo cara arriba, co fin de atender as necesidades reais das zonas, e promover a participación cidadá”.

Coa finalidade de recoller a maior información posible e atender ás achegas da maioría da poboación, o GDR Condado Paradanta leva semanas traballando na elaboración da EDLP. A primeira fase consistiu na realización de entrevistas semiestructuradas con persoas significativas e vinculadas ao territorio.

Na actualidade, a entidade supramunicipal ten a disposición de toda a cidadanía unha enquisa pública que poden responder desde a web do GDR. Con ela procúrase recoller información sobre as posibilidades de desenvolvemento das diferentes áreas do territorio, como poden ser o sector agrario, o turismo ou o ámbito cultural, entre outros.

Responder aquí a enquisa

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA WEB DO GRD CONDADO-PARADANTA