O espectáculo Palabras máxicas do mago Dani García chega á Praza Maior o vindeiro venres

Este venres, día 2 de setembro, a Praza Maior de Ponteareas acollerá o espectáculo “ Palabras máxicas”, dirixido ao público familiar.

02-09-2016 normalización 1

Trátase dunha peza de maxia para público de todas as idades a cargo do mago Dani García. O público asistente terá unha gran participación no espectáculo, ata o punto de que será el quen determine o seu guión, ademais de axudar a Dani a superar unha serie de retos que o fagan digno dun magnífico sombreiro de mago.

Este espectáculo impulsado desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, encádrase dentro das actividades de dinamización  e promoción do galego dentro das actividades do tempo de lecer, que se desenvolve dentro da Rede de Dinamización Lingüística, dentro da cal está incluída o concello de Ponteareas.