O director de cine Ignacio Vilar estará mañá en Ponteareas presentando o seu filme “María Solinha”

Producida por Vía Láctea Filmes e TVG, “María Solinha” aterra mañá en Ponteareas enmarcada no ciclo de Cine na Rúa que ofrece a concellería de Cultura do Concello de Ponteareas. O director de cine Ignacio Vilar visitará a nosa vila para presentar o seu último filme protagonizado por Laura Míguez, Grial Montes, Santi Prego, Antonio Durán “Morris” e Mabel Rivera.

Ás 21:30 horas na Feira Vella afondaremos na importante figura de María Solinha mergullándonos neste drama que descubre o sofremento desta muller acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII.