O Conservatorio Municipal de Música celebra os días 25, 26 e 30 de novembro as audicións do alumnado

O Conservatorio Municipal de Música celebra os días 25, 26 e 30 de novembro as audicións do alumnadoO Conservatorio Municipal de Música xa está preparando as audicións do alumnado. Os vindeiros 25, 26 e 30 de novembro a sala multiúsos do auditorio municipal acollerá as probas deste primeiro trimestre, que se celebran antes do habitual debido ao novo calendario escolar, algo máis curto este ano.

 

O xoves 25 ás 17.00 horas terá lugar a audición de vento metal, mentres que a partir das 19.30 h será a de clarinete e frauta. O venres 26 ás 17.00 horas serán a quenda de corda frotada e da gaita e a partir das 19.00 horas a de percusión e piano. As audicións retomaranse o martes da vindeira semana, o día 30. Comezarán ás 17.00 horas coas probas de óboe e saxofón, mentres que ás 19.30 horas será a quenda de guitarra.

 

A dirección do centro e a Concellaría de Ensino, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, convidan a toda a comunidade escolar e a veciñanza a participar.