O conservatorio e a escola municipal de música informan da apertura do prazo de preinscrición

A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa que as familias interesadas en cursar ensinanzas musicais na escola municipal de música ou no conservatorio municipal xa poden realizar a súa preinscrición a través da páxina web do Conservatorio Profesional de Música “Reveriano Soutullo” e da Escola de Música “Vila do Corpus” de Ponteareas http://conservatorio.ponteareas.gal/

As familias deberán seguir os seguintes paso para realizar a preinscrición:

-Entrar na páxina web

-Na barra superior entrar na pestaña “Estudos”

-Seleccionar “Solicitude de praza 2020/2021”

-Cumprimentar o formulario que se ofrece (aparecerá debaixo do formulario a mensaxe de telo cumprimento e enviado correctamente)

Tamén se pode premer directamente nesta ligazón http://conservatorio.ponteareas.gal/estudos/solicitude-de-praza-curso-2019-2020/#wpcf7-f2293-p2591-o2

Debido á situación temporal de confinamento, o persoal do conservatorio municipal porase en contacto coas familias preinscritas para informar do prazo e procedemento de matriculación que tamén será publicado tanto na páxina web do Concello de Ponteareas como na do propio conservatorio, así como nas súas redes sociais.

Para acceder á escola municipal de música o alumnado deberá ter como mínimo seis anos de idade cumpridos a día 31/12/2020 e para acceder ao conservatorio oito anos de idade cumpridos a día 31/12/2020.