O conservatorio de Ponteareas abre o prazo de inscrición para o curso 2017/2018

OO Conservatorio Profesional de Música de Ponteareás, dependente da Concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández Davila, abrirá o prazo de inscrición para o vindeiro curso escolar 2017/2018 o luns, 15 de maio.

 A inscrición, tanto para o Ensino Elemental como profesional, estará aberto ata o mércores 31 de maio. As solicitudes deberán ser presentadas na secretaría do conservatorio en horario de tarde, de 16 horas a 19:30 horas.

A dirección do centro lembra que os alumnos e alumnas de novo ingreso, deberán realizar unha proba previa de acceso, dependendo a data de realización do curso ao que aspiren.

O prazo de inscricións rematará o día 31 de maio