O Concello informa que deixar lixo fóra dos colectores constitúe unha infracción

 

A concellaría de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, recórdalle á veciñanza que deixar lixo fóra dos lugares habilitados constitúe unha infracción que vai dende os 25€ aos 600€ en caso reiterado, así o recolle a ordenanza municipal de limpeza da vía pública e recollida de residuos sólidos.

 

Afortunadamente somos moitas e moitos os que cumprimos a normativa pero lamentablemente todos os días obsérvanse ao carón dos colectores enseres, plásticos, cartóns e outros tipos de residuos”.

 

A pesares das ordenanzas municipais, sinalizacións nos propios colectores e información achegada aos domicilios, algúns veciños parece que fan caso omiso a toda a información recollida nas mesmas.

 

A retirada nestes puntos de mobles e enseres, fóra do día de recollida, fan que a concesionaria de xestión dos residuos teña que reorganizar os servizos, en detrimento doutras tarefas, ademais da mala imaxe que causan para o municipio.

 

Este tipo de accións están recollidas no Artigo 4.2.4 na “Ordenanza Municipal da Limpeza da Vía Pública e Recollida de Residuos Sólido Urbanos de Ponteareas” onde indica que:

Constitúen infraccións leves:

  • Tirar desperdicios na vía pública non usando os colectores habilitados para tal fin 25.04€

  • Almacenamento na vía pública de toda clase de entullos ou reboutallos procedentes de obras de construción 150.25€

  • Depositar nas rúas enseres para a recollida dos mesmos antes das 24 horas anteriores ó día da recollida 60.06€

Constitúen infraccións graves:

  • A reincidencia na comisión de tres faltas leves no período dun ano 300.49€

  • Incumprimento das normas sobre o depósito e a retirada de entullo procedente das obras nas vías públicas 601.01€

  • Abandono de mobles e utensilios na vía ou espazos públicos,incumprindo o disposto nos artigos anteriores 300.49€

Lembramos que a retirada de mobles e enseres fanse todos os venres agás festivos, sempre con aviso previo, chamando ao 986.64.03.07, e alí xa lle informan do día e hora para depositalo na rúa. Este é un servizo gratuíto.

 

Medio Ambiente tamén quere recordar que se realiza un servizo especial para os comercios de recollida de cartóns. Este servizo consiste en que os comerciantes depositen o cartón que desbota do seu negocio no horario establecido: martes e venres entre as 18:00 e as 20:00, sempre ao lado dos colectores azuis.

 

Os/as veciños/as do municipio tamén poden achegar ao Punto Limpo aqueles residuos urbanos que necesitan unha xestión específica polo seu tamaño ou composición. Soamente deben presentar o DNI e os operarios encargaranse de orientalos en todo o proceso.

 

Punto Limpo

Ctra. Guláns, s/n Km. 1,5 – 36861 – Ponteareas (Pontevedra)

Tfno: 986.64.03.07

Horario: Luns a Venres: 8:30 a 13:45 / 16:00 a 18:00

Sábados: 10:00 a 13:00

Por último a concellaría de Medio Ambiente solicita a colaboración da cidadanía na identificación e traslado á Policía Local dos/as posibles infractores/as:

 

Concello

Tfno: 986.64.00.00

Correo: medioambiente@ponteareas.gal

 

Policía Local

Tfno: 986.64.00.50

Correo: policialocal@ponteareas.es