O Concello de Ponteareas ten previsto por en marcha un programa de formación e capacitación para a inserción profesional de colectivos en risco

Os cursos ofertados son os seguintes :

  • CERTIFICADO DE LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO EN EDIFICIOS E LOCAIS, de 230 horas e nivel 1.
  • MÓDULO DE SOLDADURA OXIGÁS E MIG MAG, de 200 horas e nivel 2.
  • MÓDULO DE INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE SANITARIOS E ELEMENTOS DE CLIMATIZACIÓN DOMÉSTICA, de 180 horas e nivel 1.
  • CARNÉ DE CONDUCIR CARNÉ DE DONCUCIR B-1, sen nivel.

REQUISITOS MÍNIMOS:

1. Ter 18 ou máis anos de idade.

2. Estar desempregado, entendéndose nesta situación ás persoas demandantes de emprego rexistradas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.

3. Dado que a formación a impartir no programa, vai dirixida á obtención de certificados de profesionalidade e módulos de nivel de cualificación 1 ou 2, deberase cumprir cos requisitos de acceso, sinalados nos reais decretos que regulan ditos certificados.

 

Para o nivel 1, non son necesarios requisitos académicos nin profesionales, pero deberá posuir as habilidades de comunicación lingüística suficientes que permitan o aprendizaxe.

 

Para o nivel 2, deberase cumprir algún dos seguintes requisitos:
*Titulo de Grao en ESO. Certificado de Profesionalidade de nivel 2.
*Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
*Cumprir o requisito académico de aceso aos ciclos formativos de grado medio ou ben ter superado as correspondentes probas de aceso.
*Ter superada a proba de acceso a universidade de maiores de 25 anos e/ou 45 anos.
*Ter as competencias clave necesarias, de acordo co recollido no anexo IV do RD 34/2008, para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade.

 

As persoas interesadas en participar nas acción formativas deberán presentar cuberto o modelo de solicitude que figura no ANEXO I achegando co mesmo a relación de documentos esixidos para tal fin.