O Auditorio Municipal acolle unha charla sobre prevención e tratamento penal, civil e administrativo do tabaquismo e outras drogodependencias

O auditorio de Ponteareas acolle hoxe 16 decembro, de 11.00 a 14.00 horas, unha mesa redonda sobre a “Prevención e tratamento penal, civil, administrativo do tabaquismo e outras drogodependencias”. Participará o fiscal xefe Provincial de Pontevedra, Juan Carlos Aladro Fernández, a médico técnico sanitaria en alertas epidemiolóxicas da Xefatura territorial de Sanidade de Pontevedra, Victoria Aldea Míguez, un representante da Garda Civil, a experta en programas de reinserción da Asociación de prevención e tratamento da drogadicción de Vigo-Alborada e educadora social María Couñago Ricón e a avogada da Asociación para a promoción da saúde –Amaina e experta en procesos xudiciais relacionados con drogdependencias Isabel Teijeira Rodríguez.