O alumnado dos IES celebrou no auditorio o Erasmus Day

Os institutos celebraron o ERASMUS DAY no Auditorio de Ponteareas para difundir os proyectos Erasmus+ e falar da experiencia vivida durante tres cursos escolares dende o 2016 ata o 2019.

A tenente de acalde e concelleira de Ensino Cristina Fernández explica que o proxecto “ Endagered languages, cultural diversity and integration in the EU of the XXI Century” é o resultado da idea promovida por Miguel Losada dende Tuam (galego residente en Irlanda) e proposta ao profesorado dos tres IES de Ponteareas: o Barral, Pedra da Auga e Val do Tea.

Os obxectivos principais foron o estudo das linguas galega e irlandesa contextualizadas na súa historia e cultura, para o cal se levaron a cabo distintas actividades lectivas, culturais e lúdicas. Algunhas das cales foron mostradas publicamente neste encontro.

No encontro o profesorado detallaron as actividades que se realizaron como o curso de galego, o yogote, a xestación dunha historia inventada polo alumnado do primeiro ano que deu lugar á edición do libro, “Mais que valente” que foi presentado no mes de xullo na Feira do Libro de Ponteareas .

Tamén proxectaron o vídeo da obra de “Cuchulain” feita a partir da mesma historia e tamén se presentou como primicia unha curtametraxe animada “Maruxa e Cuchulain” desenvolvida pola Escola de Arte de Ponteareas.

O Concelleiro de Xuventude, Miguel Bouzó, fixo unha reflexión sobre a importancia dunha actividade con esta transcendencia para o alumnado e a disposición por parte do Concello de Ponteareas a colaborar en todo momento para a súa realización.

A modo de avaliación o profesorado convidou aos participantes presentes a opinar sobre a súa participación no proxecto e proxectaron un vídeo gravado previamente nos tres centros no que daban as súas opinións profesorado, alumnado e familias participantes así como a concelleira de ensino do concello de ponteareas e o propio Miguel Losada. O vídeo foi elaborado pola produtora Que mas ver.

O acto rematou co agradecemento dos profesores implicados no proxecto a toda a comunidade educativa, profesores, alumnado, pais e ao Concello de Ponteareas e escoitando as pandereteiras, Nuria Gesteira e Lucía Pérez Groba.