Nova acción formativa de Aquelando 3 en ponteareas

IMG_8841A deputada provincial Marta Iglesias, presentou no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, a segunda das tres accións formativas, do proxecto Aquelando, que se imparten en Ponteareas: Atención Sociosanitaria a Persoas en domicilio

No acto, estivo acompañada polo alcalde Salvador González, a concelleira de emprego Marisol Valado, e persoal técnico do CDL.

Esta nova acción formativa, do proxecto Aquelando 3 do que forma parte o concello, está encadrada no programa operativo europeo “Adaptabilidade e Emprego” do Fondo Social Europeo.

Marta Iglesias, deulle a benvida as asistentes e fixo especial  fincapé no feito de que nas accións formativas impartidas neste ano, dentro do proxecto, en toda a provincia, chegóuse a un 72 % de inserción laboral. Isto significa que para esta edición, tamén haberá unha porcentaxe do 60 % de alumnas, que accederán a un contrato de traballo.

A acción formativa, terá unha duración de 600 horas e nela participan un total de 15 alumnos/as, que perante 6 horas diarias, e ata finais de decembro, adquirirán coñecementos e habilidades necesarios para atender a persoas, no ámbito sociosanitario, nos domicilios dos usuarios, onde se desenvolva a súa actuación, aplicando as estratexias deseñadas polo el equipo interdisciplinario competente e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co contorno. A formación completarase con 80 horas de prácticas en empresas do sector.

O Alcalde Solla, volveu a lembrar a importancia deste proxecto, dado que é un dos máis representativos da comarca no ambito da atención as persoas, cunha gran repercusión na creación de emprego, nun sector prioritario para a poboación, polo que o concello non escatimará apoio e esforzos para seguir  colaborando coa deputación provincial no seu desenvolvemento.

Pola súa banda, a concelleira Valado,  lembroulle aos asistentes que “agora, é imprescindible estar en posesión deste certificado de profesionalidade para poder traballar no sector, polo que, a oportunidade que se lles ofrece dende a deputación e o concello é única, e como tal, compre aproveitala”. Tamén agradeceu o apoio, que dende a Deputación se ven dando a inversión para a promoción de actividades formativas.