A modificación das taxas da Escola de Música aprobadas no Pleno non supoñen ningún incremento para o alumnado

O Goberno tamén desminte ao Partido Popular e afirma que non existe ningunha privatización do servizo.

A proposta que levou a Concelleira de Ensino, Cristina Fernández, ao Pleno Municipal do pasado 19 de xullo, introducía modificacións en prol de facer máis accesible a Escola de Música “Vila do Corpus” para as familias  de Ponteareas e comarca, así como tamén reorganizar as materias a impartir, o tempo de duración das clases e concretar a idade mínima de inicio na Escola.

A concelleira saíu ao paso das acusacións do Partido Popular sobre o incremento das taxas e de privatización, “mentiras dos concelleiros do PP para xustificar o seu voto en contra e para danar ao Conservatorio”, manifestou Cristina Fernández, quen explicou que a proposta aprobada foi proposta tendo en consideración o seguinte:

  1. Baixada de alumnado que se leva producindo nos últimos cursos escolares grazas, entre outras, a subida desorbitada das taxas aprobada por PP e ACIP no ano 2012. No pasado 2015/16 estaban matriculados 5 alumnos de 4 e 5 anos.
  2. Informe da Dirección do Centro, despois de chegar a un consenso da proposta co Claustro de Profesorado, Consello Escolar e ANPA “Adagio”; e coa  Comunidade Educativa en xeral. Nestas reunións optouse por fixar a idade de acceso á Escola de Música nos 6 anos, adaptando os horarios a esta etapa e así frear a perda continua de alumnado.
  3. O Informe da Dirección tamén fai referencia a que o profesorado que impartía formación aos máis pequenos ata o momento, aínda que si ten titulación suficiente, non é a específica que sería aconsellable para atender ao alumnado na franxa de idade dos 4-5 anos.

O Goberno, dada a situación económica na que se atopa o Concello de Ponteareas, non pode incrementar os gastos en profesorado especializado a fin de ofertar estudos musicais para alumnado menor de 6 anos. Lembrar que no ano 2015 o Conservatorio tivo un déficit de 268.731,50 €, que xa está contemplado tamén nos orzamentos que se acaban de aprobar para 2016.

A concelleira de Ensino desminte a afirmación sobre a privatización para as idades de 4 e 5 anos, indicando que no Conservatorio Municipal “Reveriano Soutullo”, non se fará ningunha actividade privada máis alá de actividades puntuais e de colaboracións como ten sucedido nos últimos cursos para incentivar distintas experiencias musicais. Actividades que enriquecen a vida cultural e musical do alumnado do Conservatorio e da veciñanza en xeral.

Achégase cadro comparativo dos novos prezos públicos con respecto aos últimos cursos. Neste cadro pode comprobarse que non hai suba das taxas e que a taxa aprobada no Pleno deste martes está feita en base ao cálculo proporcional do tempo de impartición das distintas materias de feito que quen teña as mesmas horas que o último curso paga ou mesmo

CADRO COMPARATIVO DOS PREZOS PUBLICOS NA ESCOLA DE MUSICA “VILA DO CORPUS”

Ata 2015-16 CURSO 2016/17
Cursos/Materias Duración das clases/Semana PREZO Duración das clases/Semana PREZO
Desde 6 anos

Preparatorio 1

120 minutos 30,35 € 60 minutos 12,63 €
Desde 7 anos

Preparatorio 2

150 minutos 30,35 90 minutos 18,21 €
Desde os 8 anos

Cursos de Música

210 minutos 30,35€ ata 18 anos

50,65 Mais de 18 anos

180 minutos 26,01 €
Só Instrumento DESDE OS 12 ANOS Non existía 1 hora

30,35 €