Máis de 30 xadrecistas tiveron a oportunidade de xogar contra a campioa de España

Yudania Hernández, recente gañadora do campionato de España de Xadrez Rápido, enfrontou a máis de 30 participantes na Praza Maior durante a tarde do pasado venres, 25 de setembro

Q55A9572A Praza Maior de Ponteareas foi testemuña dunha Simultánea de Xadrez na que Yudania Hernández, unha das mellores xadrecistas de España e adestradora do Clube Xadrez Ramiro Sabell, foi a rival de máis de 30 xadrecistas, que tiveron a oportunidade de xogar unha partida contra “unha auténtica profesional”, sinalou Benito Márquez, concelleiro de Deportes.

O edil agradeceu o compromiso de Hernández coa súa especialidade e “o seu traballo de divulgación do xadrez, que neste caso serve para que o nome de Ponteareas ocupe un lugar destacado no mapa nacional”.