‘III Festival de Jazz’ de Ponteareas

PRENSA-1O vindeiro fin de semana, terá lugar en Ponteareas o III Festival de Jazz,  o acontecemento mais destacado do panorama musical do sur da provincia.

Está organizado pola Asociación de Hostaleiros do Condado en colaboración coa Concellería de Comercio do Concello e conta co  apoio da Deputación Provincial.

Onte, o presidente dos hostaleiros, Isidoro Pino e o secretario, Jorge Rodríguez,    xunto o alcalde  Salvador González e a concelleira de comercio Marisol Valado, inauguraron a semana do festival de jazz, que se celebrará o longo dos  días, 8, 9 e 10 de agosto, nos que unha ducia de diferentes bandas de jazz, amenizarán as rúas de Ponteareas a partir das 21 horas, deleitando a os Ponteareáns e visitantes, con mais de vinte concertos.

Este e ún dos programas mais amplos, dende que se presentou por primeira vez este festival, e contará cun fin de festa o domingo 10,  coa actuación  de “Gallaecia Big Band”, unha  das bandas mais coñecida de España, formada por 16 compoñentes e  que para esta ocasión, traerá como invitados a tres vocalistas de luxo, nun concerto especialmente preparado para Ponteareas.

Pero no non todo vai a ser música, porque durante o festival, os perto de 40 locais da asociación de Hostaleiros, colaboradores do mesmo, ofrecerán productos gastronómicos, de temática específica e o sábado 9 de agosto, os concertos na rúa, coincidirán coa celebración durante todo o día, da feira de comercio de oportunidades e co mercadillo tradicional.

O domingo, tamén terá lugar unha gran churrascada e pulpada  populares, que engadirán un punto de referencia gastronómico a cita co Jazz, que propón o municipio.

Entre os grupos participantes figuran St. James Street Band, Fernández de Silva dúo, The Tranquis Band, Nacho Pérez Quartet, Inés Carreño Quartet, For Long Together Dúo & Marci Rodríguez, Alex Salgueiro Trío, Dr. Swinglove, Seir Canada Quartet, Alvaro Muras Five Jazz Fusion, Gallaecia Big Band Midnight y las Brownies e Jazz Electrónico Fussion DJ