Final do Open de tenis este domingo en Ponteareas

A oitava edición do Open de Tenis Vila do Corpus chega a súa fin este domingo a partir das 16:30 horas que se xogarán as oito finais previstas. O sábado será a fase final masculina, oitavos e cuartos, donde entrarán ao campo de logo os mellores xogadores de Galicia, unha boa oportunidade para que os afeccionados ao tenis gocen do bo logo de Manuel Santomé, Simón Arca, Roberto Rodríguez,Tomas Curras , Martin Millos, David Vidal e o conquense Yahir Alcolera entre outros.
135 xogadores de clubs de toda Galicia, Castilla La Mancha e Castilla León pasarán por Ponteareas esta fin de semana.
Tamén o sábado xogaránse as semifinais femininas con Carla Del Barrio,Marta Rozados, Clara Lopez e Xiana García que buscarán un lugar na final do domingo. Ademais o sábado continuarán a competición nas categorías inferiores.
O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, comenta que “estes eventos son importantes porque fomentan o deporte e ofrecen aos xogadores de Ponteareas e arredores probas de alto nivel e tamén dan a coñecer a nosa vila ao resto de España”.
As semifinais masculinas xogaránse o domingo á mañá e a final pola trde. Poden consultar tódolos horarios na páxina www.clubtenisponteareas.blogspot.com.