Fin de semana de cine para a mocidade

Dentro do programa Mocidade Viva, a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe Verónica Carrera programa para este venres día 23 a proxección da película “Los juegos del Hambre” a partir das 21 horas na sala multiusos do auditorio municipal.

As sesións de cine continuarán o vindeiro venres día 7 de decembro coa película “Los juegos del Hambre: en llamas”, o venres 14 de decembro con “Los juegos del hambre: Sinsajo 1” e o sábado 15 de decembro co filme “Los juegos del hambre: Sinsajo 2”.

Verónica Carrera convida a toda a mocidade a particpar nestas sesións de cine incluídas dentro da programación específica “Mocidade Viva” que foi deseñada tendo en conta as peticións e aportacións dos mozos e mozas de Ponteareas.