Entrega de premios “Día das bibliotecas”

Q55A6780Andrés Sampedro Fernández, Concelleiro de Cultura, Turismo, Ensino e Xuventude, xunto co persoal da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Ponteareas fixo a entrega de premios o pasado venres 12 de decembro de 2014 ás 17.30 horas na Sala Multiusos da Biblioteca Pública Municipal do Concurso de Debuxos que se celebrou co motivo do “Día das Bibliotecas” (24 de outubro) co lema “LE NA CLASE”. Os premiados foron os seguintes:

1º PREMIO

2º Curso de Educación Primaria de CPR. La Inmaculada

2º PREMIO

2º Curso de Educación Primaria de CEIP Feliciano Barrera

3º PREMIO

4º Curso de Educación Primaria de CPR.La Inmaculada

Esta actividade que promoveu a biblioteca cos colexios e os cativos foi unha actividade moi efectiva para o fomento da lectura entre os cativos para que se acheguen á biblioteca e a coñezan, ademais de divertirse no seu tempo de lecer, fortalecer a autoestima, desarrolar a concentración do neno, incentivar a imaxinación e fomentar a expresión artística, desarrolar a paciencia e a constancia, ademais da distracción, axuda a acelerar o proceso de maduración de cerebro e desta maneira conseguir un mellor desarrolo intelectual do neno…, e ademais, constitúe unha oportunidade de impulsar un servizo que dá sentido á institución, ás súas coleccións e ás súas instalacións como lugar de encontro e, así, favorecendo o acceso ó libro e a lectura á cidadanía. A animación á lectura é unha das prioridades da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, así como ás actividades de extensión da biblioteca, de captación, de formación e en definitiva todo o que sexa abrirse ó público en xeral.