Coronavirus e infancia: Axudámoste a afrontalo

A concelleira de Ensino e tenenta de alcalde Cristina Fernández quere compartir con todas as familias o enlace da plataforma UNICEF Educación na que atoparemos información relativa ao coronavirus e a infancia que pode ser de utilidade para as familias, “nestes días os máis pequenos e pequenas da casa tamén sofren as consecuencias deste estado de alerta vendo como o seu día a día muda, para axudar ao entendemento desta situación e reorganizar os tempos para que sexan o máis proveitosos posible UNICEF Educación facilita ferramentas e técnicas”.

Na páxina de UNICEF Educación atoparemos consellos e recursos para comunicar aos cativos/as a situación, o uso das tics ou tarefas de rutina para lever este período de illamento.

https://www.unicef.es/educa/blog/explicar-epidemia-educacion-infantil