Continúa a programación de Nadal en Ponteareas

O Concello de Ponteareas deséxalle un próspero aninovo a toda a súa veciñanza para a que ten preparado un comezo de xaneiro cargado de actividades

Música, deporte, teatro, gastronomía, actividades infantís e o compromiso de espallar a cada recuncho do Concello son os principais atributos da programación de Nadal, que sigue no aninovo.

O martes 3 e o mércores 4 de xaneiro os Reis Magos de Oriente visitarán a carpa instalada na Praza Maior, coa organización da Asociación de Comerciantes Tea. Ás 17.30 do mércores haberá un espectáculo infantil de brinquedos xigantes a cargo da compañía Animar-T, organizado pola Concellaría de Cultura e Lecer.

O xoves 5 ás 12.00 horas os Reis Magos de Oriente terán o seu recibimento oficial na Casa do Concello. Ás 17.00 horas, terán lugar as Danzas dos Ranchos de Guláns, As Cortellas, Fozara e Santiago de Oliveira. Ás 17.30 horas comezará a cabalgata de Reis polas rúas do centro da vila do Tea.

O sábado 7, ás 22.30 horas, na carpa da Praza Maior as bandas Met e Dr. Lobster ofrecerán un concerto de rock aberto e de balde para a veciñanza de Ponteareas.