Coñece Ponteareas lévanos ás estacadas do Tea

A concellería de Cultura organiza para este sábado día 21 ás 18:30 horas unha andaina popular guiada por Carlos Porto pola beira do río Tea explicando a técnica das estacadas para a pesca da lamprea. 

Para participar nesta actividade de balde que se encadra dentro das andainas de Coñece Ponteareas tan so hai que inscribirse na biblioteca municipal ata o sábado 21 ás 13 horas.