O Concello de Ponteareas quixo recoñecer o esforzo, solidariedade e compromiso dos veciños e veciñas, voluntarios e voluntarias, traballadores municipais e colaboradores sen os que non se podería ter extinguido os incendios forestáis dos días 15 e 16 de outubro.
O Concello de Ponteareas reuníuse con todos eles nun acto informativo no que interviñeron varios expertos biólogos e enxeñeiros forestais e no que tiveron voz os asistentes.
Tódolos afectados poden achegarse ao Concello ao Punto de Atención aos afectados.