Comeza a conta atrás para a Clásica Álvaro Pino

Comeza a conta atrás para a Clásica Álvaro PinoA Marcha Cicloturista levarase a cabo este domingo 3 de outubro con saída e meta en Ponteareas

 

400 participantes percorrerán 110 quilómetros con 2.316 metros de desnivel, pasando por 7 concellos e 3 altos de montaña

 

A previa á Clásica terá lugar o sábado 2 ás 17.30 horas coa Feira do Corredor e ás 19.30 h cunha charla no Centro Artístico Sportivo na que participarán Álvaro Pino, Óscar Pereiro e Gustavo Veloso

 

O gran fondo cicloturista que leva o nome do ilustre ponteareán ultima detalles para a súa celebración este domingo 3 de outubro.

 

A sexta edición deste evento deportivo, que mantén os obxectivos e a esencia de anos anteriores, seguir sendo unha das referencias do calendario cicloturista nacional, percorrerá este domingo os concellos de Ponteareas, Mondariz Balneario, Mondariz, Covelo, A Cañiza, As Neves e Salvaterra.

 

Dende a organización sinalan que están moi felices da grande acollida e participación que tivo o regreso da marcha, completando as 400 inscricións antes da data de peche, e lamentando que algúns quedaran fóra debido ás restricións pola situación actual da pandemia. A organización destaca a importancia de todos os patrocinadores e colaboradores para a celebración deste evento: Concello de Ponteareas, Deputación de Pontevedra, Sestelo eléctrica, Rodosa, Axa José Alfaya, a Federación de Deportes e numerosos comercios locais que colaborarán neste evento deportivo.

 

Previa á CAP

O sábado 2 de outubro terá lugar a Feria do Corredor ás 17.30 horas no Centro Artístico Sportivo, onde estará situada a Oficina Permanente na que os participantes poderán retirar os seus dorsais, e ás 19.30 horas unha charla na que participarán Álvaro Pino e outras personalidades do deporte como Óscar Pereiro, Gustavo César Veloso e Miguel Rodríguez. O condutor desta charla será o popular presentador Terio Carrera.

 

Participantes

Entre os participantes da Clásica Álvaro Pino atópanse nomes destacados do deporte como o propio Álvaro Pino, Óscar Pereiro, Gustavo César Veloso e Borja Gómez.

 

A retirada de dorsais poderá efectuarse o sábado 2 de outubro de 17.30 a 20.30 horas e o domingo 3 de outubro de 08.00 a 09.00 horas na Oficina Permanente situada no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas.

Esta actividade está financiada ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.