Cita co bádminton mañá no pavillón municipal Álvaro Pino

A concellería de Deportes do concello de Ponteareas, que dirixe Benito Márquez, convida a toda a veciñanza a animar aos deportistas que se verán as caras este sábado 6 de abril no campionato escolar zonal primaria organizado polo Club Bádminton Ponteareas.

O pavillón Álvaro Pino acollerá este campionato que se organiza en colaboración co Concello de Ponteareas, co Servizo Provincial de Deportoes dependente da Xunta de Galicia e a Asociación Deportiva Escolar do Condado (ADECOMPAR).

Preto de 150 cativos e cativas de primaria, seleccionados ao longo de varias xornadas deportivas entre diferentes centros escolares da comarca.

O club adianta que o vindeiro 13 de abril terá lugar o de secundaria no que participarán os e as seleccionadas nas xornadas realizadas ao longo do mes de marzo.


Para máis información chamen ao teléfono de contacto 
656 261542, telefono 609927471 ou no enderezo electrónico cbponteareas@yahoo.es