Cine contra a desigualdade este venres dentro da programación de Mocidade Viva

Biopic da xuíza Ruth Bader Ginsburg nunha nova sesión de cine este venres no auditorio totalmente de balde

Dentro da programación de Mocidade Viva proyectarase a longametraxe “Unha cuestión de xénero”

A concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó programou para este venres día 22 a proxección da película “Unha cuestión de xénero” da directora Mimi Leder protagonizada por Felicity Jones co obxectivo de contribuir na loita contra a desigualdade de xénero e concienciar aos máis novos e novas da necesidade de construir unha sociedade de igualdade.

Esta longametraxe do ano 2018 relata a vida da xuíza do Tribunal Supremo dos EE.UU Ruth Bader, a segunda muller na historia en ter este algo cargo xudicial. Ruth Bader Ginsburg foi nomeada para o alto tribunal no ano 1993 polo presidente Bill Clinton. Ruth cambiou o curso da historia cun singular caso sobre a discriminación de xénero que abríu o camiño para a igualdade nos Tribunais.

O filme será ás 20 horas totalmente de balde na sala multiúsos dentro da programación específica deseñada para as mozas e para os mozos, “Mocidade Viva”.