As cativas e cativos do Campus Tea comezaron a quenda sobre a historia do cine

O campamento urbano, que xa ten cubertas todas as prazas, seguirá a súa actividade en agosto baixo a temática Fotocine

Os nenos e as nenas inscritos na cuarta quenda do Campus Tea comezan hoxe 1 de agosto as actividades, baixo a temática Fotocine, onde desenvolverán coñecementos sobre a historia da imaxe e o cinema, que rematarán o 15 de agosto. As sesenta prazas convocadas para esta primeira quincena de agosto foron cubertas.

P1020907

A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, sinalou “a importancia que ten na actualidade para os pequenos a relación coa imaxe e o cinema, na era dixital”.  “Os máis pequenos desfrutarán coa historia que agocha a fotografía e o sétimo arte”, engadiu.

Na segunda quincena de agosto, o campamento seguirá o seu programa acollendo a outra quenda de alumnado baixo a temática O País dos Sentidos que procura espertar o interese, a curiosidade e a capacidade de asombro dos nenos e nenas a través de diversas experiencias sensoriais con cinco sentidos.