A cacharela arderá en Bugarín

O centro cultural de Bugarín prenderá a cacharela ás doce da noite pero antes organiza unha cea popular cun prezo de cinco euros e de balde para os cativos menores de dez anos. Xurelos ao xeito de Bugarín, rosquillas e queimada para a noite de San Xoán en Bugarín.