A Aula do Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) do Concello de Ponteareas, vén de poñer en coñecemento dos interesados e interesadas, a convocatoria de novos cursos directamente relacionados coas novas tecnoloxías a desenvolver nos vindeiros meses de verán.
Os cursos a desenvolver son de alfabetización dixital (Iniciación a Informática, Internet, redes sociais…).
As clases impartiranse na nova Aula CeMIT, instalada no Centro Social da rúa Oriente, onde os interesados poderán solicitar máis información e inscribirse nos cursos, de luns a venres entre as 10:00 horas e 13:30 horas e de 16:30 horas a 20:00 horas.