As familias con ingresos limitados xa poden solicitar as axudas para libros e material escolar

A concellería de Ensino, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández, informa que xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia as bases das axudas para libros e material escolar para o curso 2019/2020 destinadas ao alumnado matriculado en educación infantil (4º, 5º e 6ª), FP básica, ciclos formativos e bacharelato.

O prazo de admisión de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2019 estando destinadas a familias con ingresos limitados. Un total de 21.000€ para as familias empadroadas no Concello de Ponteareas que teñan menores ao seu cargo, matriculados para o curso escolar 2019/2020 nalgún centro de ensino de Ponteareas en Educación Infantil (4º, 5º e 6º), FP Básica, Ciclos Formativos e Bacharelato, ou noutra localidade no caso de CF ou Bacharelato, para axudas de libros de texto e material escolar e que non dispoñan de ningunha outra axuda de organismo público.

As bases e impresos de solicitude poden consultarse na páxina web do concello na pestaña Ensino / convocatoria axudas

https://ponteareas.gal/servizos/ensino/convocatoria-axudas/

Por quinto ano consecutivo a concelleira de Ensino colabora coas familias aportando un apoio máis que garanta o acceso a un ensino público de calidade e que acurte as diferencias sociais e garanta a igualdade de oportunidades.