Arranca o curso de adestrador Licencia UEFA B

O Concello de Ponteareas e a Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol presentaron no Centro de Desenvolvemento Local o curso de adestrador Licencia UEFA B que equivale ao antigo Nivel 1 e que se imparte xa nas instalacións municipais.

Este curso capacitará a quince mozos e mozas que terán un recurso laboral máis, así o destacou o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, en representación do goberno na apertura do curso na que estivo acompañado do vicepresidente da federación, Fernando Iglesias, e do coordinador dos cursos tamén da Federación Galega de Fútbol, José Luis Mosquera.

Bouzó agradeceu á Federación a impartición deste curso que tan só se celebra en dezaseis cidades e vilas galegas e que prepara futuros profesionais abrindo as portas a moitos mozos e mozas a novas expectativas laborais.

Facilitándolle estas instalacións satisfacemos a demanda existente non só no noso concello se non tamén nos concellos veciños da área metropolitana, ofrecendo formación preto dos seus domicilios sen desprazamentos custosos”.

O concelleiro de Mocidade engadíu que en Ponteareas hai máis de 700 futbolistas federados. Destes, máis de 500 son de fútbol base, “un dato que amosa a necesidade de formar profesionais que dean cobertura a estas escolas de fútbol”.

A labor formativa desempeña un papel extraordinariamente importante dentro da Federación, e por extensión no fútbol galego. Motivo polo qu procuramos que cada técnico teña as máis amplas garantías e que estea avalado por unha formación de calidade con un título acreditativo da mesma”, explica José Luis Mosquera.