Aberto o prazo de confirmación de praza para a aula matinal do curso 2022/23 en Ponteareas

Aberto o prazo de confirmación de praza para a aula matinal do curso 2022/23 en Ponteareas

As persoas interesadas teñen á súa disposición na web do Concello o formulario para a formalización

Co calendario escolar a piques de arrancar, o Concello xa ten aberto o prazo de confirmación de praza de aqueles nenos e nenas que solicitaran a aula matinal dos centros educativos públicos de Ponteareas que, como cada ano, subvenciona o Goberno municipal nos colexios de educación infantil e primaria do ámbito rural e urbano.

As persoas interesadas teñen á súa disposición na web o formulario de autorización de cobro necesario para a formalización da praza, que pode entregarse de xeito presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica. Tamén está accesíbel o formulario para aquelas familias que queiran realizar a súa solicitude.

Como sinala a alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández Davila, “o Concello fai un esforzo para ofrecer cada ano este servizo á veciñanza, xa que supón un importante apoio para que as familias poidan conciliar a vida persoal e laboral”. Ademais, a aula matinal permite “potenciar o desenvolvemento integral do alumnado, fomentar valores sociais como o compañeirismo e incentivando en cada neno e nena habilidades sociais, actitudes cooperativas, democráticas e cívicas”.

FORMULARIO DE AUTORIZACIÓN DE COBRO

FORMULARIO DE SOLICITUDE DE PRAZA