A Praza Maior, escenario do concurso de disfraces de adultos o vindeiro día 28

 

A Praza Maior, escenario do concurso de disfraces de adultos o vindeiro día 28O certame vai dirixido a persoas a partir de 13 anos. As inscricións deberán facerse no rexistro de entrada do Concello antes do luns ás 14.00 horas

 

O Concello de Ponteareas convoca unha nova edición do concurso de disfraces de adultos, un certame dirixido a persoas a partir de 13 anos no que a orixinalidade terá premio. O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, anima a toda a veciñanza “a sumarse ao Entroido, a participar neste concurso e pasar unha divertida tarde polas rúas da vila. É momento de gozar de todas as actividades programadas para estes días”.

 

A partir das 19.00 horas todas e todos os participantes poderán lucir as súas mellores composicións para aos premios en metálico que se outorgarán aos 5 mellores disfraces e que irán dende os 350 euros do primeiro premio aos 75 euros do quinto. Os gañadores ou gañadoras serán elixidos por “un xurado integrado por persoas relacionadas coa vida cultural, social e artística da vila que valorará a orixinalidade, o colorido, o traballo e o bo gusto na realización dos traxes”.

 

Todas aquelas persoas que desexen participar poderán inscribirse antes do luns 28 ás 14.00 horas no rexistro de entrada do Concello. En caso de ser menor de idade deberase acompañar a inscrición dunha autorización asinada polo adulto responsable.

 

BASES DO CONCURSO