A IV Travesía a Nado chega á praia da Freixa este domingo

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, convídaos a desfrutar do espectáculo deportivo da natación este domingo día 18 na praia fluvial da Freixa.

Acompañada de distintos concelleiros e concelleiras do goberno presentou xunto ao presidente do Club Natación Ponteareas, Andrés Carrera, a IV travesía a nado Vila do Tea que terá lugar a partir das dez da mañá na praia fluvial da Freixa.

A carreira da categoría elite contará con nadadores internacionais que percorrerán a distancia máis longa, 3.600 metros que puntuarán para o Circuito Galego de Augas Abertas 2019. A categoría máster tamén percorerá 3.600m.

As categorías infantil, alevín e popular retaránse en 1.200 metros e o colofón final será unha proba de remuda mixta donde participan equipos formados por dous mozos e dúas mozas que nadarán 400 metros cada un deles, sendo esta a única travesía dentro do circuito que ten unha proba de remudas final.

Os menores (idades de 2007 e posteriores masculinos e 2008 e posteriores femininos) percorrerán 200 metros.

O Club Natación destaca o récord de participación tanto en individuais como en relevos e a participación de nadadores do club que compiten a nivel internacional elevando o listón da travesía.

Nahir Covelo destaca o intenso traballo do club na organización de diferentes probas ao longo do ano que sirven para promocionar este deporte ademais de brindar aos nadadores e nadadoras unha nova oferta.