A cultura urbana encherá o parque da Feira Vella este sábado

A concellería de Mocidade cita novamente aos mozos e mozas de Ponteareas e de toda a área metropolitana para participar no Ruada Jam Fest que dende as 12 horas ata as 24 horas do sábado 24 de agosto encherá o parque da Feira Vella coas últimas tendencias en cultura urbana.

Dentro da programación de Mocidade Viva, o concelleiro Miguel Bouzó explica que se programa unha xornada no que haberá un campionato Bboying un contra un, Parkour Park, un skate park, exhibicións de graffiti, actuacións de beatbox, freestyle football, BMX Flat Land, obradoiros de parkour, slackline, skateboard, breakdance e sesión DJ.

A Feira Vella rexuvenecerá coas danzas sociais máis de moda, cos sons de hip hop e coa pericia dos dos skaters ou das bmx, entre algunhas das actividades que traerán á nosa cidade o último en cultura urbana.

O Ruada Fest Jam trae por vez primeira a Ponteareas a modalidade do Bboying cun campionato un contra un que terá lugar de 17 a 20 horas e contará coa colaboración dos xuíces Bboy Mac, Bboy RetroKid e Bboy Chiscrow. O speaker Anxo Flava e o Dj Mil amenizarán este campionato que entregará os seguintes premios:1° posto 200€, 2 100€ e 3º 50€.

Miguel Bouzó adianta que a inscrición será gratuíta e que poderá facerse na propia Feira Vella antes das cinco da tarde.