A Corporación respalda a continuidade da escola de San Mateo

A Corporación de Pontearas acordou de forma unánime apoiar ás nais e pais da escola unitaria de San Mateo na súa petición de mantela aberta ao acadar o número mínimo de matrículas esixido pola Consellería de Educación.

Todos os grupos, goberno e oposición, estiveron presentes na reunión mantida onte no salón de plenos cos e coas representantes das nais e pais da escola e dos colectivos sociais e veciñais que apoian a permanencia da escola. 

No encontro felicitaron ás nais e pais polo seu traballo e polo resultado acadado e trasladaron a súa intención de respaldalos nas súas demandas. San Mateo explicou que agardaban que a Xunta mantivera a palabra dada tanto nas reunións de principios de agosto co xefe territorial como na última mantida en San Caetano co secretario xeral técnico. 

No salón de plenos tamén valoraron a posibilidade de celebrar un pleno extraordinario que reforce esta decisión unánime de manter o servizo de ensino público na parroquia de San Mateo de Oliveira.

Mañá mesmo e tras telo solicitado o goberno de Ponteareas, o secretario xeral técnico reunirase en Santiago cos representantes dos afectados da escola unitaria que asitirán acompañados dun representante de cada grupo político da Corporación.