A Concellaría de Vías e Obras investiu máis de 33.000 euros no asfaltado dunha vía en Cristiñade

Esta actuación entra dentro da programación de reasfaltados da concellaría, dirixida por Chus Garrote

A concellaría de Vías, Obras e Iluminación, que dirixe a socialista Chus Garrote, acaba de executar a mellora dunha pista municipal na parroquia de Cristiñade, actuación na que se investiron 33.120,59 euros.

Esta nova actuación proxectada pola 2ª Tenente de Alcalde consistiu na repavimentación da estrada que une os barrios da Urcela e do Paseo, en Cristiñade, actuación que tamén incluíu unha limpeza das marxes e das cunetas, nun total de 504 metros de lonxitude.

Dita estrada presentaba un pavimento extremadamente deteriorado, razón pola cal os veciños da zona solicitaron en varias ocasións o seu arranxo, que foi atendido pola concelleira socialista.

A obra, realizada pola empresa Narom S.L. e que tiña una prazo de execución dun mes, acaba de ser recentemente recepcionada.

“Esta actuación entra dentro da programación da nosa concellaría de reasfaltados de vías cun elevado tránsito das distintas parroquias, vías que, coma esta, se atopan cun firme moi degradado e en moi malas condicións; contamos así con ir pouco a pouco dando solucións, dando resposta as necesidades dos veciños e das veciñas”, indicou a concelleira socialista Chus Garrote.