Nos vindeiros días o Concello de Ponteareas presentará na Oficina de Emprego a oferta para contratar a 34 persoas con cargo á subvención da Deputación para o plan de emprego
O contrato terá unha duración de 2 meses cunha xornada de 35 horas semanais.
A selección efectuarase previa presentación de oferta de emprego por parte do Concello no Servizo Público de Emprego.
As profesións e códigos de ocupación que se solicitarán o vindeiro martes 13 de outubro na oficina de emprego serán:
OCUPACIÓN | CÓDIGO CNO |
– 4 peóns de vías e obras | 96021013 |
– 4 peóns xardineiros/as | 95121019 |
– 2 oficiais de segunda de oficios | 71911012 |
– 5 oficiais albaneis | 71211015 |
– 3 oficiais electricistas | 75101033 |
– 1 oficial fontaneiro/a | 72211012 |
– 2 limpador/as | 92101050 |
– 1 peón de oficios diversos. | 96021013 |
– 3 peóns grumir | 59991036 |
– 2 auxiliares de policía local. | 59231017 |
– 1 auxiliar administrativo/a | 43091029 |
– 1 conserxe | 58331022 |
– 2 Monitor/a de ocio e tempo libre | 37241034 |
– 1 camareira/o limpador/a | 92101027 |
– 1 auxiliar de clínica | 56111013 |
– 1 auxiliar de biblioteca | 37331021 |
En Ponteareas, a 5 de outubro de 2015.
O Alcalde
Xosé Represas Giráldez