A concellería de Eventos que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández anima a todas as familias a participar no festival Ponterosa organizado por ASCAM en colaboración co Concello. A asociación cancro de mama Pilar Domingo organiza unha macro sesión de “Zumba Solidario 2019” que terá lugar este sábado día 30 ás 17 horas na praza Maior.
As monitoras Inma Vilaboa e Carla Novoa porán ritmo á tarde do sábado para que todas as familias poidan desfrutar dunha xornada de deporte, vida saudable e moita solidariedade.
O coñecido comunicador ponteareán Terio Carrera apoiará esta iniciativa e presentará o festival que ten como obxectivo concienciar, difundir as actividades da asociación e recadar fondos para que todas as mulleres que padecen esta enfermidade teñan máis apoios e asesoramento.