XXIII edición do Torneo Vila do Corpus

Sesenta equipos que suman máis de 900 deportistas participan neste mes no XXIII Torneo Vila do Corpus de fútbol base en Angoares.

Dende o pasado 3 de xuño deportistas das categorías prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís compiten cada sábado en Angoares.

Este sábado día 17 de xuño é o turno da categoría de cadetes con nove equipos participantes.

O vindeiro sábado 24 de xuño tocaralle á categoría prebenxamín.

Por Angoares xa pasaron o resto das categoría, para o Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, “o apoio ao fútbol base é fundamental para educar aos pequenos en hábitos de vida saudables e boas prácticas deportivas”.