A Xunta renova a subvención de 15.000 euros da Aula CeMIT ao Concello de Ponteareas

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia que forma parte da Axenda Dixital 2014.gal, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.

obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega.

A Concellería de Novas Tecnoloxías, xestionada por Benito Márquez, volverá a abrir a aula do Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) de Ponteareas con novos cursos gratuítos de alfabetización dixital para persoas maiores e outros colectivos con dificultades para adaptarse no eido dixital. “Congratulámonos da boa nova de termos un ano máis os cursos na Aula CeMIT, un recurso útil para avanzar na alfabetización da poboación e reducir a fenda dixital”, indica o edil.