Xornadas para coñecer as tradicionais herbas de San Xoán

A concellería de Cultura do concello de Ponteareas que dirixe Hortensia Bautista convida á veciñanza a participar na actividade organizada para coñecer as herbas tradicionais da festa de San Xoán. 

Esta fin de semana venres 22 e sábado 23, realizaránse unhas xornadas para dar á coñecer as herbas de S. Xoán.

O venres ás 20h na sala multiusos da Biblioteca Municipal haberá unha charla presentación dun folleto sobre propiedades e utilidades das herbas de S. Xoán e o sábado, ás 19 horas saída guiada á cargo de Faia Educación Ambiental para recoñecer as principais herbas utilizadas desde tempos ancestrais no solsticio de verán, o punto de encontro será o torreiro de Areas.