As xornadas gratuítas de fútbol sala para nenos e nenas comezan o vindeiro luns 6 de xuño

Dentro do programa da Escola Deportiva de Fútbol Sala coa que colabora  a Concellería de Deportes, a ANPA da Pena do Equilibrio organízaas os días 6, 7 e 10 no CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera

CARTEL xornadas Gratuitas - 40x20As xornadas de fútbol sala en campo de 40 x 20 metros comezarán o próximo luns 6 para os nenos e nenas de educación infantil, de 3 a 5 anos. O día mércores 8 os nenos de 1º, 2º e 3º de Primaria, en idades comprendidas entre 6 e 8 anos, terán a súa oportunidade. Os maiores de 4º, 5º e 6º de Primaria, de 9 a 12 anos, xogarán o venres 10.  O horario para todos os días será de 16.00 e 17.30 horas.

Xa está aberta a inscrición de balde para os e as interesadas en participar neste evento que procura promover o deporte de equipo e saudable, mediante corre electrónico no futbolen40x20@gmail.com ou no teléfono 617 486 650.

O concelleiro de Deportes Benito Márquez anima aos pícaros e pícaras a participar nas xornadas. “O deporte de base que promoven esta iniciativa é unha boa forma de os nenos aprender  e crecer de xeito divertido e saudable”, indicou.